4foto.jpg3foto.jpg1foto.jpg2foto.jpg6foto.jpg5foto.jpg7foto.jpg

Mesas de Prezos

A Central Agropecuaria de Galicia acolle semanalmente Mesas de Prezos, sin presenza física, de:

  • Porcino cebado (todos os martes)  
  • Leitóns (todos os martes)  
  • Ovos (todos os martes)  
  • Galiñas de desvelle (todos os martes)  
  • Coello (todos os venres)

Estas Mesas de Prezos, que reúnen a produtores e industria de cada sector, constitúense como un foro de interlocución entre a oferta e a demanda dos produtos gandeiros para o establecemento de prezos de referencia que son empregados polos operadores para as súas transaccións semanais

Con tal fin, cada sector representado nas distintas mesas dispón dun Regulamento Específico de Funcionamento que permite, en caso de fortes discrepancias, o establecemento dun único prezo de referencia.

A Central Agropecuaria de Galicia colabora coa Consellería do Medio Rural e o Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, ao facilitarlles as cotizacións fixadas nas súas mesas como referentes para o mercado, e tamén as establecidas na Poxa de Gando Bovino.

>>> Consulte as mesas de prezos semanais